Neeson, home branco descoñecido

0
166

Liam NeesonO actor Liam Neeson ven de se unir ao reparto do thriller de mistério Unknown White Male que producirá a Dark Castle.

Neeson interpretará a un médico que viaxa a Berlín para unha conferéncia e alí ten un accidente de coche. Cando sae do coma, descubre que a súa muller xa non-o recoñece. E para facer as cousas ainda mais confusas, hai outro home que vive con súa muller e que afirma ser el. O guión de Oliver Butcher e Stephen Cornwell está baseado nunha novela orixinal de Didier Van Cauwelaert titulada Out of My Head.

O español Jaume Collet-Serra (House of Wax, Orphan) será o director, e Joel Silver o produtor. A rodaxe escomezará en xaneiro.