Non son coma ti (son un vampiro)

0
187

Os protagonistas de CrepúsculoAntena 3 Films, a produtora cinematográfica do Grupo Antena 3, e mais Notro TV veñen de iniciar a preparación de No soy como tú, un telefilme que xogará co lado mais romántico e xuvenil da figura dos vampiros, onde o amor é a única forza que pode controlar o lado escuro que agocha o seu protagonista.

O novo proxecto, de 150 minutos de duración, consta de dous capítulos e emitirá-se na primavera de 2010 no prime time da canle Antena 3.

No soy como tú (Non son coma tí) é a história dun primeiro amor: un amor imposíbel, que pretende tirar proveito do filón aberto pola saga de Crepúsculo, o fenómeno cinematográfico e literario mundial, e cuxos dereitos de emisión para a televisión en España adquiriu Antena 3 a finais de 2008.