Ridley Scott visita o Mundo Feliz

0
203

Brave New WorldRidley Scott, ademais de asinar o contrato que o vencella á precuela de Alien, ten outro importante proxecto de ciéncia-ficción por diante, xa que será o director e produtor dunha versión para o cinema da novela distópica de Aldous Huxley Brave New World, o clásico traducido en España coma ¿Un mundo feliz?.

Scott será o prdutor xunto a Leonardo DiCaprio, quen ademáis será o protagonista. Ambos producirán via as suas respectivas compañías, a Scott Free e mais a Appian Way.

Este semella un fito natural para Scott, acostumado xa a rodar non só ciéncia-ficción senón distopías dun xeito tan brillante coma no caso de Blade Runner, filme nomeado esta semana coma o millor da história do cinema de CF.

Os estudos contrataron para escribir o guión a Farhad Safinia (Apocalypto), quen escomezará a traballar axiña na tarefa.

Brave New World está ambientado no ano 2540 (632 A.F. no libro) en Londres, nunha sociedade igualitária que controla estritamente a reprodución, o consumismo e mais a promiscuidade sexual. No seu tempo foi considerada coma unha crítica á americanización da cultura mundial.

A novela, todo un clásico non só da ciéncia-ficción senón da Literatura inglesa, foi adaptada previamente á televisión en várias ocasións, pero nunca o fora á pantalla grande: en 1980 por primeira vez e en 2005 por última.