Finou John Hughes aos 59 anos

0
204

John HughesUn voceiro de John Hughes ven de anunciar que o guionista e director de filmes coma Weird Science (A muller explosiva) e moitos éxitos dos anos 80 morreu por mor dun inesperado ataque ao corazón mentres camiñaba esta mañán por Manhattan, onde se atopaba visitando á súa família. Hughes contaba con 59 anos de idade.

Creador de moitos filmes para adolescentes dos anos 80, foi ademais produtor e guionista de Flubber (1997), 101 Dálmatas (1996) ou a mesma Weird Science (1985), entre os seus éxitos no cinema de xénero fantástico.

Hughes levaba moitos anos retirado do primeiro plano hollywoodense. Actualmente vivía en Illinois e ambientou moitos dos seus filmes no área de Chicago.