Segundo informan os nosos compañeiros de Culturagalega.org, a que ía ser a grande estrea do audiovisual galego deste Nadal, pensada para competir na carteleira con outras producións de animación, Noite de ¿paz?, non chegará ás salas de cinema cando estaba previsto.
A crise financeira que atravesa a compañía (a metade do plantel que quedou na empresa logo dun ERE temporal ven de facer público un comunicado no que aseguran levar oito meses sen cobrar) afecta directamente a todos os proxectos que tiña previstos a empresa. Desde o gabinete de prensa de Dygra, ademais de recoñecer a delicada situación, apuntan que está en proceso unha operación financeira na que está implicado o IGAPE e unha entidade financeira galega, que confían lle permita a Dygra retomar en breve a súa actividade.
Noite ¿de paz? é unha comédia navideña de debuxos animados, que ía ser a primeira película de animación realizada en 3D estereoscópico do audiovisual galego. Todos estes elementos están combinados cun estilo visual renovado que rompe con todo o anterior e cunha nova tecnoloxía que está a abraiar aos espectadores que a experimentan: o dixital 3D estereoscópico.