Barbarella regresa

0
149

Barbarella interpretada por Jane FondaJoe Gazzam ven de ser contratado para escribir o guión da nova versión de Barbarella, o persoaxe de ciéncia-ficción inmortalizado por Jane Fonda no filme orixinal de 1968.

Robert Luketic está vencellado á dirección desta película de aventuras espaciais, co produtor Dino De Laurentiis e mais a súa muller Martha a cargo do proxecto.

Robert Rodriguez foi o director no quen primeiro pensaron os produtores, cando o proxecto estaba nas mans da Universal, en maio de 2007 e coa intención de que fose a súa moza, Rose McGowan, a protagonista. Neal Purvis e Robert Wade foran os guionistas, pero os estudos e mais o director non chegaron a un acordo sobre onde facer a rodaxe, e após de que os dous bandos abandoasen o barco, escomezou-se unha nova procura de director.

Barbarella é unha mercenária que percorre o universo nun futuro afastado, levando a cabo misións que requiren audácia, inxenuidade e sensualidade. O persoaxe de cómic naceu en 1962 nunha revista francesa que contaba cos guións e mais o debuxo de Jean-Claude Forest e se fixo popular polas súas andainas sexuais. En 2004 foi convertido nun musical.

A nova reencarnación de Barbarella non terá a fasquía campy dos anos 60 pero conservará a súa sexualidade. Os produtores afirman que haberá sexo, pero que o filme será sobre todo de aventuras.