O Robin Hood do futuro

518

A Atlas Entertainment e mais a Hollywood Gang planean dar-lle un toque post-apocalíptico á lenda de Robin Hood. O filme, ainda sen título, estará ambientado nun Londres distópico e centrado nunha banda de ladróns que pretenden devolver-lle as riquezas ao povo asoballado. O director de anúncios Nicolai Fuglsig, autor da ideia orixinal, será o realizador, e Jason Hall o guionista.