A cuarta dos lobishomes

0
199

UnderworldA Screen Gems está a desenvolver rapidamente a cuarta entrega da súa saga de lobishomes Underworld e plenea filmar o novo proxecto en 3D.

A terceira parte da série, Underworld: Rise of the Lycans, custou uns modestos 35 millóns de dólares (24 millóns de dólares) pero recadou 91 millóns de dólares (63 millóns de euros) no despacho de billetes nas salas de cinema en todo o mundo (e iso que ainda non apareceu a versión en DVD) así que non é de estrañar que os estudos queiran repetir a xogada que tan ben lles saiu a última vez.

A data de estrea podería ser o 21 de xaneiro de 2011, dous anos despóis de Underworld: Rise of the Lycans, o que sinifica que a rodaxe deberá escomezar axiña, a primeiros do ano que ven. O que non se sabe é se repetirán os mesmos actores ou o director.