Mentres facía a promoción da súa vindeira série de televisión, Human Target, o director McG revelou á prensa que xa ten un favorito para interpretar ao capitán Nemo na súa vindeira versión de 20.000 légoas de viaxe submariña: o seu protagonista sería o actor que xa fixo o papel principal en Terminator Salvation, Sam Worthington.
Respeito a este cada vez mais desexado actor australiano, que tamén será o protagonista do filme de James Cameron Avatar, McG salientou que teremos ocasión de ver o bó que é en Clash of the Titans, un filme do que dixo que vai ser realmente bó. Nestes intres está a rodar The Tourist con Charlize Theron.
Por unha banda a elección é algo particular, xa que na novela de Jules Verne o capitán Nemo era un índio, se ben na primeira adaptación ao cinema, o filme da Disney de 1954, era James Mason quen deu vida ao enigmático mariño. E esta nova versión tamén será obra da Disney Pictures.
Ainda non hai datas pechadas para o escomezo da rodaxe deste filme, pero segundo as últimas novas, estaba previsto que fose a finais deste mesmo ano en Austrália.