Spielberg resucita Halo

0
179

HaloSteven Spielberg está a negociar activamente o desenvolvemento do filme que pretende adaptar ao cinema o videoxogo mais famoso da Microsoft: Halo.

Os intentos anteriores por desenvolver este filme fracasaron por mor dos cada vez mais elevados orzamentos, incluindo unha tentativa en 2006 a cargo de Peter Jackson como produtor e Neil Blomkamp (District 9) como director. Nombergantes, o proxecto, unha coprodución da Universal e mais a Fox, fracasou cando as rifas entre Jackson e mais os produtores chegaron a un punto tal que foi imposíbel continuar negociando, xusto antes da Comic Con en San Diego.

Hai uns meses durante a folga de guionistas a finais de 2007 e comezos de 2008, Stuart Beattie (G.I. Joe, Collateral) escribiu un esbozode guión para este filme, baseado na novela de Eric Nyland Halo: The Fall of Reach. A história do libro é unha precuela para o videoxogo Halo orixinal e explica as orixes dos soldados de Esparta e mais do heroe e protagonista do xogo, o “Master Chief 117”, xunto co terríbel primeiro contacto coas hordas de Covenant e mais a caída da base da UNSC en Reach.

O guión pretende ser o comezo dunha triloxía, na que a segunda parte estaría totalmente ambientada no mundo do videoxogo e a terceira sería a continuación dos acontecementos que se viven na terceira parte do xogo. Ademais, a Covenant non aparece até a segunda metade do filme, permitindo con elo que o orzamento non se dispare demasiado.