Darabont dirixirá Os Mortos Vivintes

0
238

Os Mortos VivintesA série de cómic de zombis The Walking Dead, que en España leva por título Los Muertos Vivientes, obra de Robert Kirkman e mais do debuxante Tony Moore, será finalmente convertida en série de televisión da man de Frank Darabont (Cadea perpétua, A Brétema), quen escribirá e dirixirá.

A canle de televisión por cable AMC será quen produza a série. O seu vicepresidente dixo que tentarán que sexa fiel ao tón do cómic orixinal, que está ambientada entre un grupo de zombis supervivintes dun apocalipse e comandados por un oficial de policía, Rick Grimes, na procura dun lugar seguro onde viviren.

Gale Anne Hurd e David Alpert serán os produtores executivos, pero ainda non se sabe que estudos realizarán o proxecto.