Bryan Singer dirixirá outro BSG

0
176

Battlestar GalacticaConfirmou-se que Bryan Singer será o produtor e director dunha nova versión para o cinema de Battlestar Galactica para a Universal Pictures.

A história deste recomezo hai que leva-la até os ataques terroristas do 11-S en 2001 nos Estados Unidos, unha de cuxas vítimas inesperadas foi a versión de Tom De Santo e Bryan Singer de Battlestar Galactica, deseñada coma secuela da serie televisiva dos anos 70. Dado que o ataque sorpresa dos Cylóns era parte inescusábel da trama, alguén nos estudos se puxo moi nervioso e o episodio piloto que estaban por rodar nunca se chegou facer.

Mentres tanto, e coma xa sabemos, Ron Moore e David Eick crearon a versión de seu, que non só foi un grande éxito senón que mesmo produciu unha secuela, Caprica. E iso, por suposto, puxo os dentes moi longos á Universal, que coida que aínda hai algo mais que contar e que hai sitio para outra interpretación, a que ficou no tinteiro en 2001. E aí é onde entra unha vez mais Bryan Singer e mais a súa posibilidade de rodar unha nova longametraxe.

Por suposto que a estas alturas xa non está moi claro que haxa algo novo que contar, xa sexa por Synger ou por quen sexa, pero aínda así se lembrades, en febreiro revelamos que se fixera un anuncio de que Glen Larson asinara coa Universal para rodar unha versión de Galáctica non vencellada a ningún outro filme previo, e todo semella indicar que ese é o proxecto onde agora encaixa Brian Synger, o director de Superman ou X-Men.