Death Race regresa

0
196

Death RaceSeica as orixes do letal xogo ao redor do que xiraba o filme de Paul W.S. Anderson Death Race terán unha segunda oportunidade na pantalla grande grazas a unha precuela que está por vir.

Tony Giglio (Timber Falls) ven de ser contratado para escribir un guión, baseado nunha historia do mesmo Anderson, baixo a produción da Impact Pictures. Giglio tamén podería ser o director, se ben isto non está aínda confirmado. O que si que nos contan é que o guión podería profundar no pasado do piloto de carreiras coñecido coma Frankenstein.

Creado por Paul Bartel en 1975, o filme clásico de ciencia-ficción e carreiras de coches Death Race 2000 contaba co personaxe de Frankenstein, quen fora interpretado polo recentemente defunto David Carradine. Alí contábannos que a súa face fora reconstruída tantas veces após de tantos accidentes que tiña que levar unha máscara coa que intimidaba aos rivais na pista de carreiras. Carradine regresou ao remake de Anderson (do ano pasado) brevemente para lle emprestar a súa voz ao novo Frankenstein.

Anderson e Bolt supervisarán esta precuela de Death Race após de remataren o seu traballo actual en Resident Evil: Afterlife no que Giglio é o director da segunda unidade. Death Race, o remake de Death Race 2000, recadou uns 70 millóns de dólares nos despachos de billetes en todo o mundo en 2008.