Downey Jr. o novo Lestat?

0
190

Entrevista co VampiroSegundo apuntan os últimos rumores, a Universal Pictures está á procura dun relanzamento no cinema da saga de novelas de Anne Rice As Crónicas do Vampiro.

Ademáis, Robert Downey Jr. está en conversas moi avanzadas para interpretar ao vampiro Lestat, un papel que fixo famoso Tom Cruise no filme de 1994 de Neil Jordan Entrevista co Vampiro e posteriormente Stuart Townsend no filme de Michael Rymer de 2002 A Raíña dos Condeados.

A Warner Brothers Pictures era a que posuía os dereitos cinematográficos sobre a saga até agora. Do que non se sabe ren até agora é de ningún detalle sobre o argumento, se este filme será un recomezo da saga ou se será unha continuación das anteriores películas e polo tanto un chimpo até a seguinte novela: O Conto do Ladrón de Corpos.