McQuarrie na secuela de Lobeto

0
214

LobetoO guionista gañador dun Oscar por Sospeitosos Habituais Christopher McQuarrie será o encargado de escribir o libreto da nova entrega da saga dos mutantes da 20th Century Fox, unha secuela de Wolverine.

As novas chegan tan só uns poucos días despois de que Hugh Jackman comentase na canle MTV News que “Imos a Xapón, e imos escomezar a traballar nisto axiña. Estamos nos primeiros chanzos do desenvolvemento desa história“.

Jackman regresará ao seu papel de Logan/Lobeto nesta história baseada nunha minisérie dos primeiros comics dos anos 80 que escribiron Chris Claremont e Frank Miller, na que Lobeto debe enfrontar-se a uns ninjas mentres decide se segue os seus instintos asasinos animais ou a vida baixo o código de honra e respecto dos samurais.

McQuarrie foi xa un dos primeiros escritores do primeiro filme dos X-Men pero finalmente, cando viu que o produto final tiña pouco ou nada que ver co que el escribira, eliminou o seu nome dos títulos de crédito.

Jackman e Lauren Shuler Donner serán unha vez mais os produtores.