Os viquingos no cinema

0
180

Wickie und die starken MännerO 9 de setembro chegará aos cinemas Viki o Viquingo, adaptación con persoaxes reais da série de debuxos animados alemá Wickie und die starken Männer que foi tan popular na España dos anos 70 que estaba baseada orixinalmente nos libros infantís do autor sueco Runner Jonsson.

Dirixida por Michael Bully Herbig, esta produción europea da Constantin Films está protagonizada por Jonas Hämmerle, Nik Romm, Waldemar Kobus e Christian Koch, entre outros.

A história de Viki o Viquingo comenza na pequena aldea viquinga de Flake, cando é asaltada polos malvados guerreiros de Sven o Terríbel que secuestran a todos os nenos agás a Viki, un particular neno rúbio, fillo do xefe Halvar, que destaca polas suas brillantes ideias nos momentos máis difíciles. Halvar, o máis teimudo dos guerreiros viquingos, decide dar caza aos secuestradores e salvar heroicamente aos nenos de Flake. Mália a negativa da nai de que Viki viaxe con eles na procura dos nenos, o cativo Viki agócha-se no barco. Nas súas aventuras terán que se enfrontar a pantasmas, arrepiantes falcatruáns, lendários tesouros e moito mais, nun filme dirixido en exclusiva ao público infantil.

As malas novas son que a versión en español, que é a única que se poderá ver en Galiza legalmente, xa foi masacrada coa dobraxe das canzóns orixinais a cargo do grupo de música latina El canto de loco.