Vanderbilt en Spiderman 5 e 6

0
189

SpidermanJames Vanderbilt (Zodiac, The Losers) será o encargado de escribir o guión para a cuarta e mais a quinta entregas da saga cinematográfica de Spiderman para a Sony Pictures.

Vanderbilt, que xa escribira o esbozo de guión para a vindeira cuarta parte, terá como misión a de escribir unha história que interconecte os argumentos da quinta e da sexta películas.

O director Sam Raimi non estaba pola laboura de aprobar todos os prantexamentos de Vanderbilt, pero os executivos da Columbia Pictures e da Marvel Studios están desexando deminuir no posíbel as diferéncias argumentais entre os distintos filmes do home araña, que foron medrando cada vez mais con cada nova longametraxe.

A ideia dunha liña argumental interconectada, suxerida para as entregas cuarta e quinta da saga, foi desbotada en prol dunha película “stand alone” que contaría co reparto orixinal unha vez que Raimi acadase algo de solidez para o seu proxecto. Para elo, Raimi trouxo a David Lindsay-Abaire e logo a Gary Ross para que reescribiran o primeiro guión de Vanderbilt para a cuarta parte.

Agora, coa reentrada de Vanderbilt no proxecto, semella claro que a ideia orixinal para a cuarta parte da série continuará a se desenvolver para a quinta e mais a sexta entregas e que podería utilizar-se como un relanzamento potencial se ningún dos membros do reparto orixinal quere regresar.

A produción de Spiderman 4 escomezará a primeiros do ano que ven coa vista posta nunha estrea que sería o 6 de maio de 2011.