Criminal e Macabro

0
152

Chega outra adaptación do cómic para o cinema, a de Criminal Macabre, orixinal de Steve Niles e Ben Templesmith. A Universal Pictures ven de se facer cos dereitos desta série da Dark Horse Entertainment. O guión correrá a cargo de Kyle Ward, quen deberá adaptar un argumento no que un detective chamado Cal McDonald, un ex-policía de pasado escuro, debe enfrontar-se a criaturas da noite para resolver os seus casos.