A canle de televisión americana NBC ven de se facer cos dereitos sobre Midnight, Mass., un cómic de argumento sobrenatural publicado pola Vertigo, unha filial da DC Comics. Gretchen Berg e Aaron Harberts (Roswell, Pushing Daisies) xa foron contratados para escribir este proxecto para a Warner Brothers TV e mais a Jinks/Cohen Co.
Midnight, Mass. é un cómic centrado nos persoaxes de Adam e Julia Kadmons, un matrimónio formado por un home e unha muller sofisticados, sexis e moi viaxeiros, que se adican a resolver mistérios paranormais por todo o mundo. O título do cómic é un xogo de palabras entre Midnight Mass (que sinifica Misa de medianoite) e Midnight Mass. (que é supostamente unha vila chamada Midnight no Estado de Massachussetts). Pola súa banda, a parella protagonista ten certo aire aos Beckham, ainda sen pretende-lo.
A minisérie era unha das máis desexadas polos produtores de cinema e televisión dende había anos. Foi publicada en 2002 e durou 8 números, que logo foron seguidos por unha extensión titulada Here There Be Monsters en 2004. Midnight, Mass. é un cómic orixinal de John Rozum e que conta con debuxos de do albaceteño Jesús Saiz (quen leva traballando nos Estados Unidos dende 2000) e Jimmy Palmiotti.