Mais actores no reparto de Sucker Punch

0
143

Jon Hamm (da série de TV Mad Men) ven de se unir ao reparto do novo filme de Zack Snyder, Sucker Punch, para a Warner Bros. e mais a Legendary Pictures. O conto vai sobre unha nena (Emily Browning) confinada nunha institución mental polo seu padrastro, quen ten a intención de lobotomiza-la en cinco días. Ela e mais os seus amigos crean unha realidade alternativa, dende onde comezan a planear a súa fuxida. Vanessa Hudgens, Abbie Cornish, Jamie Chung, Jena Malone e Carla Gugino tamén serán protagonistas. Hamm fará dun persoaxe chamado High Roller.