De la Iglesia nunha comédia de CF

0
193

Alex de la IglesiaO cineasta Álex de la Iglesia (Los crímenes de Oxford, 800 balas…) prepara para TVE a série cómica Plutón verbenero, que escomezará a se gravar en xuño para a sua estrea en setembro en La 2.

Plutón verbenero está planteada como unha sitcom de 35 minutos de duración que conta as andanzas no ano 2530 dunha nave interestelar, tripulada por españois, que, por encargo do presidente dos Estados Unidos do Mundo, cumpre a misión de procurar planetas habitábeis pola galáxia, ante o deterioro que sofre a Terra.

A sátira refréxa-se no nome dos persoaxes. O presidente chamará-se Macaulay Culkin III, o actor infantil que protagonizou as películas de Só na casa. Ao comezo de cada episódio, unha voz en off lembrará que o primeiro que fixo Macaulay Culkin III ao chegar ao poder foi “mudar de sexo outra vez e atopar un planeta habitábel na galáxia“. O encargo recae nos astronautas españois, que comanda o “cadete especial Valladares“.

A comédia é un proxecto persoal de Álex de la Iglesia, que se implicou totalmente: forma parte da equipa de guionistas, xunto a Jorge Guerricaechevarría (o seu colaborador habitual), e dous dos creadores de Camera Café, Pepón Montero e Juan Maidagan. De la Iglesia tamén está deseñando as armas, o vestiário e as naves da série.

Esta será a segunda vez que De la Iglesia traballa na televisión, médio no que debutou con A habitación do neno, un episódio da série Películas para no dormir, unha producción de Chicho Ibáñez Serrador que Tele 5 non rematou de emitir en xaneiro de 2007. Ao fronte do proxecto está o director, guionista e produtor Pedro Costa.