Outland terá remake

0
162

Sean Conney en OutlandMichael Davis (Shoot ‘Em Up) ven de ser contratado pola  Warner Bros. e mais a Hollywood Gang Productions para ser o director do remake do filme de ciéncia-ficción de 1981 que protagonizou Sean Connery Outland, unha película que á súa vez levou o argumento de Só ante o perigo ao espazo (en España titulou-se Atmosfera Cero).

O filme orixinal, de Peter Hyams, ía sobre un policía destiñado a unha remota colónia mineira nunha lúa de Xúpiter, onde debía investigar unha série de misteriosas mortes. Alí descubre que está só e que non contará con ningunha axuda xa que todos os administradores da colónia son uns corruptos e deberá decidir se abandoar o lugar o ficar e cumprir co seu deber.

Na nova versión a acción discorrerá nunha cidade en órbita onde un policía descubre unha misteriosa conspiración que pon en perigo á cidade enteira. Contando con tan só unha semana antes de se xubilar, o noso heroe deberá escoller unha vz mais entre fuxir do lugar coa súa muller ou poñer-se á fronte dun pequeno exército do que forma parte o ex-mozo da súa muller.

Chad St. John (Motor City, The Days Before) escribirá o guión e Gianni Nunnari será o produtor.