Os 99 invaden Europa

0
170

Jabbar o PoderosoNomeados “Os 99“, polo número de atributos que disque posúe Alá, son os primeiros superheroes que expanden o islamismo polo mundo. Entre os persoaxes hai unha muller con burka, chamada Batina a Escondida e unha espécie de Coloso saudí chamado Jabbar o Poderoso. Xa son un éxito dende Marrocos a Indonésia e recentemente foron nomeados coma unha das 20 modas que están a percorrer o mundo pola revista Forbes.

Agora van chegar á televisión inglesa da man de Endemol, a produtora que creou o concurso O Grande Irmán, coa misión de instituir os valores islámicos entre os nenos.

Batina a EscondidaAté agora, o mercado de superheroes estaba dominado por persoaxes coma Batman, Spiderman ou Superman que tiñan como misión a de ceibar do crime aos Estados Unidos e ao mundo occidental.

Os 99 foron creados por Naif al-Mutawa, un psicólogo clínico de Kuwait, segundo o cal os nenos dos países musulmáns precisaban un grupo de superheroes nos que poder comparar-se e que non foran os modelos habituais dos jihadistas: “Abraiou-me que as histórias que escoitaba eran de homes que medraron coidando que o seu líder, Saddam, era un heroe, un modelo, e só para descubrir un día que estaban a ser torturados por el. Decidín que o mundo árabe precisa millores modelos“.

Nombergantes, e mália seren chamados Os 99, nunca hai un reparto enteiro de 99 superheroes xa que está prohibido coñecer (e moito menos debuxar) cales son todos os atributos de Alá, polo que os musulmáns só coñecen algúns deles. Segundo al-Mutawa os seus persoaxes teñen unha fasquía universal: “están baseados en atributos coma a xenerosidade ou a piedade. Son cousas das que os musulmáns non teñen o monopólio“.