Outro guionista para Shazam

0
162

captainmarvel11O actor e guionista Bill Birch é o novo encargado de escribir o libreto para a adaptación ao cinema do cómic de superheroes Shazam! para a Warner Brothers Pictures.

O habitual da DC Comics Geoff Johns será o co-guionista nesta nova andaina pola pantalla grande do Capitán Marvel, quen en realidade é o adolescente Billy Batson que se convirte en superheroe ao pronunciar a palabra máxica. O proxecto estaba até agora nas mans da New Line e pasou por vários guionistas, entre eles William Goldman, Joel Cohen, Alec Sokolow e John August.

Birch, protagonista de séries de televisión coma Anatomía de Grey, O Ala Oeste da Casa Branca ou CSI, é o guionista de One Finger Salute para a for Warner Brothers. Peter Segal (O Superaxente 99) segue a estar vencellado ao proxecto coma director e produtor, neste última caso xunto a Michael Ewing.