A espectacular modelo californiana Moon Bloodgood (Journeyman) está en conversas finais para se facer co papel feminino protagonista no filme de McG Terminator Salvation: The Future Begins, a cuarta entrega da popular franquía de ciéncia-ficción.
Bloodgood protagonizaría o filme xunto a Christian Bale, Sam Worthington e Anton Yelchin na secuela, que está a ser producida por Halcyon Co. e será distribuida pola Warner Brothers no verán de 2009.
Bloodgood interpretará a unha feroz loitadora da resisténcia humana contra as máquinas. A fotografía principal da rodaxe ten previsto o seu escomezo o vindeiro 5 de maio.
Bloodgood foi a protagonista dunha série ainda non vista en Galiza, Journeyman, que emitiu a canle americana NBC e ademáis está a rodar Street Fighter: The Legend of Chun-Li.