Xa hai malo para Priest

0
193

Karl UrbanO neocelandés Karl Urban (O Señor dos Anéis, Star Trek) será o malo no thriller de terror post-apocalíptico Priest que rodará a Screen Gems.

Baseado no cómic da TokyoPop, a história desenvólve-se nun mundo destruído por unha guerra entre homes e vampiros. Paul Bettany é o protagonista no papel dun sacerdote guerreiro e loitador contra os vampiros que se une a un sheriff (Cam Gigandet) e mais a unha sacerdotisa (Maggie Q) para perseguir a unha letal bansa de vampiros que secuestraron á súa sobriña.

Urban interpretará a Black Hat (Sombreiro Negro), o maléfico líder dos chuchasangues que foi anteriormente un cura e cazador de vampiros pero agora considéra-se a si mesmo o deus dos vampiros.

Scott Stewart dirixirá este filme, que conta cun guión de Cory Goodman. A rodaxe escomezará esta semana en Los Angeles.