Singer no remake de Excalibur

0
180

ExcaliburBryan Singer desenvolverá un remake do clásico de aventuras fantásticas que dirixiu John Boorman en 1981 Excalibur para a Warner Bros. Pictures.

O proxecto, unha nova narración da lenda do rei Artur, está aínda nos seus primeiros pasos, xa que o único que se fixo até o momento é asegurar-se os dereitos para o cinema deste remake. A participación de Singer ainda está en nivel de conversas e de todos os xeitos este non sería con case total posibilidade o seu seguinte proxecto, senón que será o filme de acción e fantasía Jack the Giant Killer para a New Line ou o filme de Battlestar Galactica na Universal Pictures.

A Legendary Pictures podería ser a encargada desta nova andaina de Artur e mais os seus cabaleiros. Nese caso, Singer, Julie Yorn e Polly Johnsen estarán na produción.