Hardwicke en Carrapuchiña Vermella

0
175

Catharine HardwickCatherine Hardwicke (a directora de Twilight e de Thirteen) será e encargada de realizar o filme de lobishomes The Girl With the Red Riding Hood para a Appian Way.

Cun guión de David Johnson, a história é unha nova narración en clave gótica do clásico conto medieval (logo transformado en clásico infantil) de Carrapuchiña Vermella, contando ademais cun triángulo amoroso entre adolescentes como argumento central, algo para o que Hardwicke conta con sobrada experiéncia após do seu paso polo romance vapírico de Twilight.

A Warner Bros. Pictures, onde a empresa de Leonardo DiCaprio Appian Way ten un contrato de exclusividade, será a distribuidora.