O que prepara Orson Scott Card

0
196

Orson Scott CardUn deses proxectos cuxas novas van e veñen coma a marea é o da adaptación dunha das millores novelas de ciéncia-ficción de todos os tempos, O xogo de Ender, de Orson Scott Card. Polo de agora sabemos que o director asignado ao proxecto era Wolfgang Peterson, pero ven de se quedar fóra, por mor das habituais diferencias creativas, xa que seica o escritor da novela orixinal ten moito que dicir nesta produción.

Orson Scott Card ven de rematar ademáis un primeiro esbozo do guión e seica está a traballar para millora-lo no posíbel. Segundo novas procedentes da produtora Lynn Hendee, a película terá unha grande parte de pre-produción por mor dos efectos especiais. Estes efectos visuais levarén-nos dende as batallas en gravidade cero da escola até batallas espaciais.

Por outra banda, Orson Scott Card anunciou no decurso dunha charla con afeccionados várias novas en relación a futuros proxectos: por unha banda dixo que a Marvel vai publicar cómics baseados nas súas novelas O xogo de Ender e A sombra de Ender, utilizando a mesma técnica ca nos libros, contar os mesmos feitos dende dous puntos de vista.

Asimesmo anunciou que a nova novela da série, Ender´s Exile, publicará-se este outono, e que tardou más do habitual en remata-la porque “sempre tento superar ao orixinal“.