Fresnadillo dirixirá Bioshock

0
222

BioshockO director español Juan Carlos Fresnadillo (28 semanas despois) está en conversas para se encargar da adaptación ao cinema do popular videoxogo Bioshock pola Universal Pictures.

Bioshock ten lugar na cidade submariña de Rapture, onde un piloto estrela a súa nave preto dunha das entradas segretas e ve-se atrapado nunha loita interna polo poder.

O director de Piratas do Caribe, Gore Verbinski, fora orixinalmente o encargado de realizar esta longametraxe, pero tivo que renunciar cando a rodaxe se mudou ao estranxeiro e o orzamento comezou a se disparar por riba dos 160 millóns de dólares.

O compromiso de Verbinski co filme de debuxos animados Rango, no que participa Johnny Depp, sinifica que agora ten que ceder a cadeira de director, pero ainda ficará vencellado ao proxecto como produtor.