Novas faces en John Carter

0
159

John Carter of MarsOs actores ingleses Samantha Morton, Dominic West e Polly Walker son as novas incorporacións ao reparto de John Carter of Mars para a Disney Pictures.

Baseada na série de libros do clásico escritor de ciéncia-ficción Edgar Rice Burroughs, a história céntra-se nun veterán da guerra civil americana (Taylor Kitsch) que é misteriosamente teletransportado a Marte, onde ficará enredado nas guerras que se están a producir no planeta vermella, onde a xente loita pola súa liberdade.

Morton interpretará a Sola, a filla de Tars Tarkas (Willem Dafoe), quen debe agochar o seu lado sensíbel dado que pertence a unha caste de guerreiros.

West fará de Sab Than, o príncipe dos Zodangans, quen se considera co dereito de governar Marte. E Walker interpretará a Sarkoja, un tiránico e despiadado Thark. No filme tamén participará Lynn Collins.

Andrew Stanton é o director deste proxecto, que conta cun guión de Mark Andrews. Jim Morris e Colin Wilson serán os produtores, e a rodaxe escomezará a primeiros do ano que ven.