O creador de Spawn, Todd McFarlane, revelou nunha recente entrevista que ven de escomezar oficialmente a redacción do guión dunha nova película baseada no seu popular persoaxe.
“A história léva-me rondando a cabeza sete ou oito anos. A ideia do filme non é nin un recomezo do orixinal nin unha continuación. É unha história independente que terá unha calificación para maiores de 18. Arrepiante e que mete medo“, dixo McFarlane. O debuxante e empresário engadiu que o tón deste filme de Spawn estará dirixido a unha audiéncia adulta, coma a do filme The Departed.
A New Line lanzara un filme de acción con este título e persoaxe en 1987, que protagonizaran Michael Jai White, John Leguizamo e Martin Sheen. A finais dos anos 80 e primeiros 90, McFarlane converteu-se nunha estrela no mundo do cómic grazas ao seu traballo na série de Spiderman. En 1992 creou a Image Comics, tirando do seu persoaxe antiheroico Spawn, quen contou con guionistas da talla de Alan Moore, Neil Gaiman, Dave Sim, Frank Miller ou Grant Morrison.