Lanterna Verde e os impostos

0
173

Guy Gardner, o auténtico Lanterna VerdeVan xurdindo novos detalles da cada vez mais problemática rodaxe australiana do filme de Lanterna Verde: unha revista do país dos canguros revelou que a produtora está a manter negociacións co governo para tentar obter mais concesións. O problema seica é que por mor da suba do dólar australiano, os custes de produción están a se disparar.

De feito, a Warner Bros. está a negociar coas autoridades do Estado australiano de Nova Gales do Sul para poder obter mais bonificacións e benefícios fiscais para poder recuperar entre 15 e 25 millóns de dólares que se perderían por mor do troco de divisas.

O valor do dólar australiano medrou mais dun 16% dende que o governo laborista do Estado anunciou o acordo para que a Fox puidese rodar alí o pasado mes de abril. A rodaxe é moi agardada e tiña previsto xerar mais de 500 postos de traballo, incluindo 100 actores secundários e 200 membros auxiliares da equipa.

Ainda que a meirande parte das producións no estranxeiro fican co orzamento pechado cando se lle dá a luz verde ao proxecto, coida-se que o traballo que estaba por rematar no guión de Lanterna Verde obrigou a atrasar o escomezo da rodaxe e provocou o alza da divisa. A preprodución estaba prevista para escomezar no pasado mes de xullo, mentres que a rodaxe debería escomezar en novembro.

Obviamente, ningunha das dúas partes quixo facer valoracións sobre este imprevisto.