Spielberg, Lucas e Ford apostan por Indy

0
225

Indiana JonesSteven Spielberg, George Lucas e Harrison Ford decidiron, nunha ousada aposta, renunciar a todas as suas gañáncias pola cuarta entrega de Indiana Jones se a billeteira non supera os 400 millóns de dólares.

Deste xeito, os ingresos iniciais pola venda de entradas para ver Indiana Jones e o reino da caveira de cristal irán parar exclusivamente ás arcas da Paramount Pictures.

Nesta época pouco propícia para a indústria de Hollywood, o elevado custe do filme, uns 335 millóns de dólares, levou aos artífices do filme a acordar pospoñer os seus ingresos, normalmente unha porcentaxe da billeteira, até que a Paramount recupere o seu investimento no proxecto.

As grandes produtoras son cada vez máis prudentes á hora de se involucraren en longametraxes multimillonárias ante as nubes negras que se prevén sobre Hollywood, onde todos temen unha crise en breve. Cada vez é máis caro facer unha película e nin as billeteiras nin os DVD garanten aos estudios amortizar o investimento, polo que os amos da indústria procuran cubrir-se as costas, especialmente despois dunha folga de guionistas e un posible paro dos actores.

A Paramount aportou 185 millóns de dólares para a realización da cuarta entrega de Indiana Jones e alomenos 150 millóns de dólares para a sua promoción en todo o mundo. A estas cantidades sumará-se o 2,5 por ciento dos ingresos que se obteñan da distribución da película, ainda que Spielberg, Lucas e Ford non verán un centavo até que as nuevas aventuras do arqueólogo máis famoso do cinema reporten aos estudos alomenos 400 millóns de dólares.

As condicións impostas pola Paramount comezan a ser algo habitual en Hollywood, onde até agora as estrelas da pantalla grande recibían pagos por adiantado e unha parte importante da recadación na billeteira antes de que a produtora recuperase a súa inversión. Un exemplo semellante foi o acordo acadado entre a Walt Disney, o produtor Jerry Bruckheimer e o actor Johnny Depp para a saga de Piratas do Caribe, ou o asinado por eses mesmos estudos, Bruckheimer e Nicolas Cage en A procura 2 (2007), se ben todos gañaron ao cabo cartos cos proxectos.

A priori, Indiana Jones e o reino da caveira de cristal é unha aposta segura e agárda-se que arrase nos cinemas cando chegue ás carteleiras este vindeiro 22 de maio. As aventuras de Indy son das máis exitosas da história de Hollywood e a até agora triloxía recadou 1.200 millóns de dólares en todo o mundo, 494 deles corresponderon á caixa lograda pola terceira parte da saga, Indiana Jones e a derradeira Cruzada (1989). Ese filme foi o primeiro en superar os 10 millóns de entradas vendidas nun só día, cando se estrenou nos cinemas na primavera de 1989, mentres que Indiana Jones e o templo maldito (1984) superou os ingresos obtidos na sua semana de lanzamento por fitas coma O retorno do Jedi (1983).

A primeira entrega, Á procura do arca perdida (1981), foi a segunda que máis gañou, con 384 millóns de dólares. Estas cifras poden parecer pequenas se se comparan cos máis de 1.800 millones de dólares obtidos por Titanic (1997), a película máis billeteira de todos os tempos, ainda que este filme saiu ao mercado unha década despois da última parte de Indiana Jones, cando o número de espectadores no mundo era moi inferior.

O principal temor dos produtores é precisamente os 19 años que pasaron dende a última cruzada de Indy, case dous décadas nas que se forxou unha audiéncia nova enganchada ás novas tecnoloxías ás que o látego do arqueólogo lles pode parecer unha relíquia.

Lonxe dos revolucionários efectos especiais de hoxe en día, Lucas e Spielberg apostaron por unha rodaxe á antiga usanza para a cuarta entrega de Indiana Jones, que abandoa a ameaza feixista e na sua procura da caveira de cristal verá-se as caras cos rusos en plena Guerra Fría.