Segundo informan no xornal La Voz de Galicia, unha vez mais, o marinense Néstor García Trabazo alzou-se, xunto á sua equipa, como un dos mellores do mundo no BlizzCon 2009, o campeonato mais prestixioso de World of Warcraft, ao obter o terceiro posto. Non é a primeira vez que o galego é mundialmente recoñecido, xa que en 2007 obtivo o primeiro lugar no campeonato mundial de WoW.
O ano pasado, nombergantes, non destacou no mundial, polo que nesta nova edición Néstor e mais a sua equipa puxeron todo o seu empeño en conseguir o primeiro lugar no campeonato europeo que se realizou en Köln, Alemania, para se coar na final mundial.
Néstor, cuxo nick nas competicións é Souler, viaxou aos Estados Unidos cos seus dous compañeiros de xogo para participar no prestixioso torneio. Tras dúas axustadísimas xornadas, o de Marín e mais a sua equipa lograron o terceiro posto. O primeiro lugar foi para a equipa americana que se enfrentou na última etapa á equipa de Coreia do Sul. O ano pasado, Souler fora fichado pola sua equipa actual de videoxogos, o e-sport club X6tence, un dos millores de España.
Néstor e mais os seus dous parceiros, Javier Dobóm, de Valéncia, e Víctor Sánchez, de Málaga, levan mais de catro anos adicando todo o seu tempo libre ao xogo de rol masivo que se disputa on-line e no que os participantes se aventuran nun mundo de batallas. E o esforzo pagou a pena, porque ademais do recoñecemento mundial no mundiño dos videoxogos, os tres españois receberon un prémio de 10.500 euros.
BlizzCon é a festa dos xogadores de Warcraft, StarCraft, Diablo e das comunidades que os rodean. O torneo celebrou-se o pasado fin de semana en Anaheim, Califórnia. Para o trío, o Blizzcon representou unha oportunidade única de medir as suas forzas cos millores contrincantes do mundo. O de Marín asegura que os torneos oficiais son a millor forma de dar a coñecer os logros das equipas españolas.
Aproveitando a sua estáncia nos Estados Unidos, Souler participará nunha nova competición, esta vez en Dallas. Trata-se do torneo Major League Gaming que se celebrará do 28 ao 30 de agosto e no que Néstor espera repetir a fazaña de estar entre os millores.