Entradas de Avatar, xa á venda

0
179

AvatarAs entradas para a longamente agardada estrea do filme de ciéncia-ficción épico de James Cameron Avatar xa están á venda, catro meses antes da data fixada, que é o 18 de decembro.

Esta posta á disposición do público das entradas dun xeito tan cedo non ten precedentes, ainda que segundo un voceiro da AMC, a axéncia líder de venda de entradas por Internet, fai-se por motivos de “saúde”. Mais de 75 cinemas, a meirande parte deles salas Imax, comezaron a vender entradas o pasado venres, coincidindo coa estrea do tráiler de 16 minutos en 100 salas de cinema de todo o mundo.

Non está claro se outros exhibidores porán tamén á venda dun xeito tan antcipado as súas localidades para este filme. O que se sabe é que polo de agora non se poden mercar para as sesións de medianote, que son aquelas nas que adoita ir maisxente nas estreas.

As seguintes sesións non se determinarán até que o tempo de proxección da longametraxe remate, o que polo de agora se coida que pode ser entre 150 e 180 minutos.