Guionistas do Número 4

0
163

Al Gough e Miles MillarA parella de guionistas responsábel de filmes e séries de televisión coma Smallville ou A Múmia 3: A Tumba do Emperador Dragón, Al Gough e Miles Millar son os encargados de escribir o libreto para I Am Number Four, a nova película da Dreamworks Pictures.

O filme está baseado na novela homónima de James Frey e Jobie Hughes sobre un grupo de nove áliens que fuxen á Terra disfrazados coma adolescentes, cando o seu planeta é destruido. Os refuxiados deberán asimilar-se nun instituto na Terra cando descubren que o seu inmigo está a tentar dar-lles caza tamén no seu lugar de refúxio.

Michael Bay será o produtor e posíbelmente dirixirá o filme, que contará con Chris Bender e JC Spink como produtores executivos.