Christensen e Newton desaparecen

0
173

Hayden ChristensenHayden Christensen, o actor que encarnou ao xoven Anakin Skywalker na triloxía precuela da Guerra das Galáxias, está en negociacións xunto a Thandie Newton e John Leguizamo para protagonizar o thriller independente Vanishing on Seventh Street (Desaparición na Rúa Sete).

O director Brad Anderson (The Machinist, Transsiberian) será o encargado da realización e ademais o guionista desta fita, ambientada nunha cidade onde misteriosas sombras fan desaparecer aos seus residentes de xeito inexplicábel. Cando só fican cinco supervivintes, axúntan-se para loitar polas súas vidas mentres se cuestionan o sentido da existéncia.

Christensen interpretará a un xornalista. Newton faría o papel dunha enfermeira desesperada e Leguizamo o do condutor do tren do metro.

Anthony Jaswinski co-escribiu o guión, metres que Celine Rattray, Tove Christensen e Lawrence Mattis serán os produtores.

A rodaxe está prevista para escomezar a mediados de outubro na cidade de Detroit.