A casa dos soños

0
181

Daniel CraigO protagonista mais recente da saga de James Bond, Daniel Craig, ven de se unir ao reparto para o thriller psicolóxico Dream House para a Morgan Creek e mais a Universal Pictures.

Craig interpretará a un editor executivo de New York que se muda coa súa família a unha pequena vila de Nova Inglaterra, onde descubrirá que o seu novo fogar foi a casa onde se cometeu un terríbel asasinato.

Jim Sheridan (No nome do pai, O meu pé esquerdo) fará o seu debut no cinema de xénero dirixindo este filme, que conta cun guión de David Loucka. Craig entrará na rodaxe tan só despois de rematar a súa participación na obra de teatro de Broadway de John Crowley A Steady Rain, que coprotagoniza Hugh Jackman.

A rodaxe escomezará o vindeiro 25 de xaneiro.