Rob Zombie en The Blob

0
182

The BlobRob Zombie, fundador e vocalista principal da banda de rock White Zombie, escribirá, dirixirá e producirá un remake cun orzamento de 30 millóns de dólares do filme de terror clásico de 1958 The Blob para a produtora Genre Co.

No filme orixinal, que protagonizara Steve McQueen e que foi estreado en España co titulo de A Masa Devoradora, un obxecto amorfo de cor vermella que procedía dunha nave espacial estrelada nunha eira comeza a absorber aos seres humanos cos que se pon en contacto, medrando exponencialmente a medida que os vai consumindo. Na nova versión de Zombie as cousas seica serán distintas, xa que ainda que o director rexeitou entrar en detalles, confirmou que a súa intención é non facer unha cousa vermella grande e amorfa: “esa é a primeira cousa que quero mudar“, dixo.

Zombie, Jack H. Harris, Richard Saperstein, Judith Parker Harris, Andy Gould e Brian Witten serán os produtores.

O filme orixinal xerou un remake de fasquía moito mais gore en 1988, que dirixiu Chuck Russell e que contou cun guión de Frank Darabont. Hai tres anos a Paramount Pictures anunciara un novo remake, que logo foi abortado, e no que figuraban os guionistas do filme A Casa de Cera Chad e Carey Hayes.

Ainda que non hai pechado ningún trato coas distribuidoras, o filme probábelmente contará cunha calificación “R”, que nos Estados Unidos impide entrar a ninguén menor de 18 anos ao cinema. A producióndará comezo en promavera, coa vista posta nunha estrea para 2011.

Entre os anteriores filmes de Rob Zombie están Halloween e The Devil’s Rejects.