Corre o rumor de que o director David Dobkin (Wedding Crashers) ven de asinar coa Warner Brothers para se encargar dun filme baseado en Flash, o popular persoaxe dos cómics da DC, un proxecto anteriormente vencellado ao guionista de Batman Begins David S. Goyer e a Shawn Levy (Night at the Museum).
O filme de Dobkin estará ambientado no mesmo universo cá vindeira película da Warner sobre a Liga da Xustiza de América, que ten preferéncia na rodaxe. “Está deseñado coma unha secuela da Liga da Xustiza, así que estamos a enaltecer a história e traballamos en tándem co guionista“, desvelou Dobkin á MTV.com. “Coido que teremos que agardar a ver como lle vai ao filme e que tal funciona, pero sen dúbida será un filme que saia despóis do da Liga da Xustiza“.
Dobkin engadiu que o seu Flash será Wally West, o sucesor de Barry Allen nos cómics.