A Cousa do Pantano

0
169

A Cousa do PantanoMentres facía unha xira de promoción para a súa nova película de crimes ambientada na Antártida Whiteout, o produtor Joel Silver dixo á prensa que espera poder facer unha versión para o cinema do persoaxe clásico da DC Comics A Cousa do Pantano.

Estou a desenvolver unha longametraxe agora que quería facer. Espero facer A Cousa do Pantano, que é un filme que temos pendende dende hai moito. Coidamos que sería xenial poder face-lo en 3D. Hai un par de proxectos nos que estou pensando para este formato, non é para todos. Se cadra farémo-lo. Gósta-me“, dixo Silver.

Nos cómics, o persoaxe é unha masa humanoide de vexetación que loita por manter e protexer o seu fogar nos pantanos, o medio ambiente en xeral e a humanidade de várias ameazas sobrenaturais ou terroristas.

Creado nos primeiros anos 70, a série levaba camiño de ser cancelada até que en 1983 Alan Moore (Watchmen, V for Vendetta) relanzou ao persoaxe creando unha incríbel obra de arte do cómic, modificando moitos dos seus detalles e enfocándo-o cara ao terror nun reino fantástico dirixido sobre todo aos lectores adultos.

O persoaxe pasou xa polas pantallas en dous filmes con acción real: Swamp Thing, dirixido en 1982 por Wes Craven e The Return of Swamp Thing, dirixido en 1989 por Jim Wynorski. Nos anos 90 tamén pasou pola televisión nunha série con actores reais para unha canle por cable nos Estados Unidos que durou tres tempadas e mais unha série de debuxos animados na Fox en 1991.