Bruckheimer fai-se con Shake

0
191

Jerry BruckheimerO produtor Jerry Bruckheimer ven de se facer cos dereitos para o cinema sobre o conto de Derek Haas Shake.

A história, que pode ler-se de balde neste ligazón, vai sobre un axente do FBI que está á caza dun asasino e que de súpeto comeza a perder o control sobre o seu própio corpo. Haas non é un descoñecido no mundo do cinema, e de feito é o autor do guión de filmes coma Wanted ou 3:10 to Yuma. El foi quen escribiu este relato para o sítio Web Popcornfiction.com e será o encargado de expandi-lo para converte-lo nunha longametraxe para o cinema.

Haas ten entre mans ademais outros encargos para o cinema: os guións de Beverly Hills Cop IV na Paramount, All Creatures Great and Small na Columbia e The Matarese Circle na MGM.