Relanzamento dos 4F

655

Os 4FÁ penas unhas horas despois de se anunciar a bomba da adquisición da Marvel pola Disney, os estudos da 20th Century Fox veñen de facer público que lle van dar un acelerón á produción dunha nova entrega da súa série dos Catro Fantásticos en forma de relanzamento.

Tim Story dirixiu os dous filmes anteriores en 2005 e 2007, ambos con moitas malas críticas por parte da prensa especializada pero con excelentes resultados no despacho de billetes (a recadación foi duns 300 millóns de dólares por cada unha en todo o mundo).

O guionista Akiva Goldsman (A Beautiful Mind, Batman and Robin) foi contratado para supervisar este relanzamento mentres que o produtor Michael Green (o da série de TV Heroes e da vindeira Lanterna Verde) será quen escriba o guión.

Segundo se comenta, todas estas presas veñen dadas para poder retér os dereitos sobre os persoaxes neste intre. A Fox ten un acordo de licenciamento coa Marvel que lle permite controlar a franquía a perpetuidade, sempre e cando continúe facendo filmes sobre eles. Un motivo moi semellante ao que levou en 2002 a facer o filme Queen of the Damned, que tivo a aprobación dos estudos (neste caso da Warner Bros.) para poideren reter os dereitos sobre a série de libros de Anne Rice As Crónicas do Vampiro.

Ioan Gruffudd, Jessica Alba, Chris Evans, Michael Chiklis e Julian McMahon foron os protagonistas nas anteriores entregas dos 4F, ainda que os seus contratos non lles obrigan a regresar para actuar en mais películas da saga, o que fai difícil de prever se estaremos finalmente perante unha nova entrega ou un relanzamento da franquía.