Wesley Snipes irá ao cárcere

0
204

Wesley Snipes en BladeO actor americano Wesley Snipes foi condeado a 36 meses de cárcere, o máximo que pedía o fiscal, por vários delitos fiscais dos que foi atopado culpábel nun xuízo celebrado en febreiro, segundo fuentes judiciales.

O xuiz federal William Terrell decidiu impoñer a máxima condea, mália que nos últimos días várias estrelas de Hollywood, coma Denzel Washington ou Woody Harrelson, amosaron o seu apoio ao intérprete.

En febreiro, Snipes fora xulgado nun tribunal de Ocala, ao noroeste de Orlando (Florida), por non facer a súa declaración entre 1999 e 2004, o que supón un delito de evasión de impostos. A Fiscalía argumentou que o actor acumulara unha débeda con Facenda de tres millóns de dólares (1,9 millóns de euros), se ben a sua defensa aduciu que se trataba só de 228.000 dólares (144.587 euros).

Os avogados do protagonista da triloxía Blade, de 45 anos, pediran ao xuiz unha pena máis suave, sen prisión nin multa, dado que consideraban que se trataba dun delito menor e que o actor non tiña antecedentes penais.

Nos últimos días, unha trintena de amigos e familiares dirixiu cartas ao xuiz explicando o bó carácter e comportamento cidadán de Snipes. “Wesley é coma unha árbore… coma un grande carballo. Moitos dos que o coñecemos fomos testemuñas dos froitos do seu traballo, sentámo-nos á súa sombra e protexémo-nos cos súa presenza“, escribiu Denzel Washington.

O mesmo Snipes consideraba que non debía pasar ningún tiempo no cárcere e coida que a liberdade baixo fianza é “xusto castigo“, segundo documentos xudiciais entregados no tribunal federal de Ocala.