Arcel en Deadman

1079

DeadmanNikolaj Arcel será o encargado de dirixir a adaptación para o cinema do persoaxe do cómic Deadman para a Warner Bros. Pictures.

Deadman é a pantasma dun acróbata de circo que foi asasinado e que ten o poder de posuir o corpo dun ser vivo mentres anda á procura dos seus asasinos e axuda de paso aos inocentes.

Arnold Drake e mais Carmine Infantino crearon ao persoaxe en outubro de 1967 para a DC Comics, pero até o ano 1986, nunha série limitada de catro números, o persoaxe non contou nunca cunha revista de seu. Daquela os encargados de lle dar vida foran o guionista Andrew Helfer e mais o debuxante hispano-arxentino José Luis García-López.

Guillermo del Toro, Don Murphy e Susan Montford serán os produtores.