Jon Favreau xoga aos índios

685

Cowboys & AliensCon Iron Man 2 xa rematado, o director Jon Favreau podería estar pensando en facer Cowboys & Aliens, o filme baseado na novela gráfica da Platinum Studios Comics escrita por Fred Van Lente e Andrew Foley. Ainda que os estudos declinaron facer comentários, Favreau leva tempo rondando este proxecto da DreamWorks/Universal, que conta como protagonista a Robert Downey Jr., contratado dende o pasado verán.

O filme está ambientado no vello Oeste, onde os vaqueiros e mais os índios loitan en Arizona até que unha nave espacial se estrela preto deles, e teñen que se unir contra o novo inimigo, equipado cunha tecnoloxía moi superior. A novela gráfica foi publicada no ano 2006, pero Hollywood leva quencendo motores para producir este proxecto coma filme de alto orzamento dende que a ideia foi mercada pola Universal e mais a DreamWorks nada menos que en 1997.

Aquela venda realizou-se baseándo-se tan só nunha folla cos debuxos dun vaqueiro e mais unha nave espacial, con Steve Oedekerk a bordo para escribir o guión e dirixir. O proxecto mudou de mans e chegou á Columbia Pictures e mais á Escape Artists, e logo de volta á Universal e á DreamWorks, e o guión xa pasou por alomenos sete escritores ou equipas de escritores.

Alex Kurtzman e Roberto Orci (Star Trek 2) están agora mesmo rematando o último guión xunto ao produtor executivo da série televisiva Perdidos Damon Lindelof, todo coa vista posta nun comezo da rodaxe que podería producir-se no verán de 2010.