Guy Ritchie dirixe Lobo

0
199

LoboAs boas sensacións que está a transmitir o vindeiro filme Sherlock Holmes están a deixar ao seu director, Guy Ritchie, nunha posición moi favorábel en Hollywood, onde xa comeza a remontar vóo após dos seus anteriores sonados fracasos no despacho de billetes.

Así, a Warner Bros. ven de contrata-lo para que dirixa a adaptación cinematográfica de Lobo, unha série de cómics da DC Comics sobre o persoaxe homónimo, creado en 1983 polo artista Keith Giffen e mais o escritor Roger Slifer.

Lobo non é realmente un superheroe, senón un mercenário de orixe extra-terrestre, procedente de Czarnia, un planeta cuxa raza pacífica foi exterminada completa e violéntamente polo noso protagonista, que ficou coma o derradeiro czarniano.

Lobo caracteríza-se pola sua forza excepcional, semellante á de Superman. A súa durabilidade, resistenza e mais o seu factor curativo acelerado permíten-lle que rexenere o tecido danado ou destruído con velocidade, recuperando mesmo membros perdidos ou partes do seu corpo. As súas semellanzas co persoaxe Lobeto da Marvel non son casuais, xa que no seu intre foi vendido coma a resposta da DC á fama mutante da que disfrutaba (e volve disfrutar) a Patrulla X nos anos 80, especialmente Lobeto. Entre os afeccionados as rifas foron constantes e as comparacións só serviron para lle dar mais púlo a Lobo, que após do seu éxito nos 80 e primeiros 90 foi caendo no esquecemento.

Dado o carácter de antiheroe deste persoaxe, a WB está decidida a que esta fita teña a calificación de PG-13, a xusta para non pasar-se e que non-a deixen fóra do circuito do seu público natural, os rapaces.

Joel Silver, Akiva Goldsman e Andrew Rona estarán na produción, que dará comezo a primeiros do ano que ven.