A actriz israelí Ayelet Zurer ven de se facer co papel feminino protagonista para interpretar xunto a Tom Hanks a precuela de O Código da Vinci que vai facer a Columbia Pictures, Anxos e Demos.
Ewan McGregor está en conversas para se unir ao reparto deste thriller, baseado, coma o seu predecesor, nunha novela de Dan Brown. McGregor interpretaría o papel dun poderoso persoaxe dentro do Vaticano que tenta axudar a Robert Langdon, o persoaxe que interpreta Hanks.
Na precuela, Langdon atópa-se de novo mergullado nunha loita contra as forzas do mal que teñen raigames moi antigas: os Illuminati, a máis poderosa organización secreta da história, e de novo contra a igrexa católica. Zurer fará o papel de Vittoria Vetra, unha científica italiana que se axunta a Langdon na súa loita. Ron Howard dirixirá a partir dun guión de Akiva Goldsman.