A Pixar, León de Ouro

0
184

De esquerda a dereita: Andrew Stanton, Pete Docter, John Lasseter, Brad Bird e Lee Unkrich con cadanseu León de OuroO director John Lasseter e mais a produtora de animación Disney-Pixar recibiron hoxe o León de Ouro especial a toda unha carreira na 66ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venezia das mans do seu compatriota George Lucas. Nunha cerimónia celebrada no Palácio do Cinema do Lido de Venezia, Lasseter recolleu un galardón que subpón, segundo el, o recoñecemento ao xénero da animación e polo que Lucas acudiu por primeira vez ao Festival de Cinema da Cidade dos Canais, que se celebra até o próximo 12 de setembro.

Merecen-se este prémio. O mais importante sobre John é que é un fantástico e brillante ser humano e conseguiu atopar moitos outros. Porque aqui só se ven catro, pero hai moitos outros“, afirmou Lucas na cerimónia de entrega do León de Ouro. A Pixar, engadiu, “é unha compañía que foi fundada sobre o talento, sobre todo o de Lasseter, que me obrigou a seguir atento á animación e que amosou de que pasta está feito. Fixo algo que ninguén fixo: un éxito tras outro de filmes de entretemento“.

O feito de que o pai da saga da Guerra das Galáxias accedera a viaxar a Venezia amosa a boa relazón que existe entre o cineasta e Lasseter, quen traballou na equipa de gráficos da división de animación da Lucasfilm, a produtora cinematográfica fundada por Lucas en 1971.

Este León de Ouro á carreira non só é para o realizador americano, se non tamén para a equipa que traballa xunto a el na Disney-Pixar, e entre eles, Brad Bird, Pete Docter, Andrew Stanton e Lee Unkrich, presentes este domingo tamén na Cidade dos canais.

A Pixar basea-se na liberdade criativa e estes son os meus mellores amigos e os meus irmáns na creatividade. O meu soño artístico é o de entreter a todo o mundo en calquera lugar“, dixo Lasseter, quen falou ademais do recente anuncio de Disney de que mercará Marvel Entertainment por 4.000 millóns de dolares, algo sobre o que o realizador se mostrou “moi entusiasmado“, porque agora pasarán á sua compañía personaxes e histórias dos que foi seguidor desde pequeno.